5 de marzo de 2013


Will Smith cóntanos a súa visión da vida, ca cal podemos estar de acordo ou non, pero eu considero que algúns puntos dos que fala son importantes telos en conta.

Ter claro cara onde queres ir, aínda que o resultado non estea definido de todo, polo menos ter algo que che axuda a organizarte. Non te distraias indo polas ramas, non é necesario ter un plan B, loita polo teu. Fórmate da mellor maneira posible, empápate de todo o que creas que podes necesitar ou que che será útil coñecer cara ó futuro. No momento parecerache algo complicado, en ocasións quizás imposible de conseguir. Pensaras: tanto traballo para nada... pero con un pouco de forza de vontade e outro pouco de sorte lograras chegar o final do teu camiño. Todo ese largo recorrido que fuches deixando atrás deixara constancia de como es, e de que non te rendes ante nada para conseguir os teus obxectivos.

“Facemos as situacións máis complicadas do que ten que ser, pensamos que non pode ser tan sinxelo.” Empeñámonos en darlle voltas e voltas as cousas para intentar atopar unha solución sen darnos conta que a solución está aí dende o principio. Simplemente é así de fácil.

“Xamais digas que hai algo imposible de facer” quizás nun principio pareza imposible, que
vas a necesitar moito tempo para dar chegado o final, pero con constancia chegarás. O primeiro ladrillo pode que non vaia todo o dereito que che gustaría, pode que os cincuenta seguintes tampouco, pero chegará un momento no que queden perfectamente colocados e sentiraste orgulloso do teu traballo, veras o teu esforzo recompensado.

“Decide que será, quen serás, como o farás, simplemente toma a decisión de decidir.” E enfócate por completo a iso, con toda a túa vibración, creatividade ou mesmo co corazón.

“Xamais permitas que alguén che diga que non podes facer algo, si tes un soño tes que protexelo. Cando as persoas non poden facer algo, queren dicirche que ti tampouco podes.

Queres algo, vai e lógrao!



No hay comentarios:

Publicar un comentario