30 de enero de 2013

EXPERIENCIA CONTRA INEXPERIENCIA



Esta claro que por moito que podas aprender nos libros ou che podan contar por experiencias non hai nada como habelo vivido por ti mesmo. Iso e algo único e intransferible. 

Cando eres novo sentes ansia por aprender moitas cousas, vivir moitos momentos, pero a maioría deles non lle das importancia que merecen, van pasando e punto.
 
Non podes crer que sabes todo o que pasa no mundo por haber lido moito, iso e algo importante sí axúdache a culturizarte, a saber o que hai ao teu redor,  pero nono é todo.  E preciso saír e empaparte do mundo exterior,observar  dende as cousas máis sinxelas as máis complicadas. Sabelas analizar ensinarache cousas novas e sobre todo, o máis importante, saber que o viviches por ti mesmo e que o gardaras no teu recordo. 

Outra das cousas moi feitas a miúdo por todas as persoas en xeral, e tirar a toalla no primeiro obstáculo que se atopan. Isto e o máis sinxelo, pero non é o recomendable porque a próxima vez que te volvas atopar nunha situación semellante pasarache o mesmo, e non saberás que facer. O mellor e botarlle valor e loitar polo que desexas. Non todo o mundo está preparado pa enfrontarse os seus medos e poder seguir adiante na busca da maneira de chegar a súa meta. É necesario ter valor e estar seguro das túas posibilidades, tendo isto claro o teu obstáculo estará máis preto de ser superado.