13 de enero de 2013

ATRÉVESTE A SOÑAR?



Soñar é algo fermoso, pero porque conformarse só con soñar cando se pode facer realidade. Ninguén dixo que isto fora sinxelo, pero eu sempre dixen e direi, que se o resultado é algo que che gusta, que desexas, loitaras por conseguilo custe o que custe. 

Cando somos pequenos todo o mundo se empeña en dicirnos; non toques alí!,  coidado con iso... fano porque consideran que é o mellor para ti, unha forma de protexerche. Pouco a pouco a curiosidade por saber o que pode pasar faiche ir investigando por ti mesmo. Algunhas veces saes vitorioso e outras tes que oír ese temido “xa cho dixen”. O largo da túa vida necesitas tomar decisión difíciles, estas axudaranche a crecer como persoa, a darte conta dos teus puntos fortes e a mellorar nos máis débiles.

Eu penso que unha persoa que ten medianamente claras súas aptitudes, unha idea de cara onde quere dirixirse, ten menos medo a adentrarse na zona de pánico. Esta claro que o principio será un lugar estraño, cheo de dificultades no que non se sinta cómodo, pero co tempo ese lugar pasará tamén a formar parte da túa zona de confort. Moita xente afirma que unha vez que te introduces na zona de pánico volver despois á zona de confort non é posible. Pero eu non o creo, é algo que xa viviches, que xa pasaches por el. Está claro unha vez que cando decidas volver non o vas atopar como o deixaches posto que todo vai evolucionando, pero é algo polo que xa pasaches e non terás medo a afrontar.

¿Quen somos? ¿Que queremos? ¿Por qué? ¿Para qué? ¿Cómo? Facerse estas preguntas e ter claras as súas respostas axuda a facer realidade de forma máis sinxela o teu soño. Pero para podelo conseguir necesitas vencer os teus medos e levar a cabo as túas motivacións.